disminuir tamaño letra aumentar tamaño letra

MASIDE EN FESTAS

 
          Hai quen di que Galicia enteira se converte en verán nunha festa. E Maside non podía ser unha excepción. A práctica totalidade das 9 parroquias do Concello programan ó longo do ano numerosas celebracións festivas e culturais, que enchen de cor e ledicia os nosos pobos, destacando entre eles, o Entroido ou os magostos. Porén, o prato forte das festas masidás ten lugar nos meses estivais nos que se suceden numerosas celebracións: festas parroquiais, gastronómicas, deportivas, etc. que son un motivo de xuntanza para os veciños e amigos de Maside e que teñen o máis auténtico sentido de solidaridade, de reforzamento da casa, dos veciños ... manténdose vivas, ó mesmo tempo, as tradicións locais.
 
¡ Empápate de troula e coñécenos !
 
Festas da Santa Rita de Dacón 2009 
 
O emigrante galego leva moi marcado na súa morriña o recordo destes días e, os veraneantes levan ás nosas terras un doce sabor destes días de troula, diversión e unión. Neses meses estivais celébranse, entre outras, as festas que máis visitantes atraen ás terras de Maside e que merecen unha referencia especial, sendo de visita obrigada:
 
- Festa do Chuletón en Garabás
 
                 
 
           
 
 
- Festa do Cabalo no Puzo do Lago
 
                 
 
                     
 
Por outro lado, as festas parroquiais, que se celebran en cada parroquia na honra do seu patrón ou patroa, ocupan un lugar destacado no calendario festivo de Maside. Estas festas soen ter entre un e tres días de duración e consisten na celebración de misas pola mañá, unha rica e abundante comida familiar a mediodía, xogos populares pola tarde e verbena con orquestras pola noite. Magníficos exemplos disto son as festas da Santa Rita en Dacón ou as do San Vitorio en Maside.
 
 
¡O bo comer, a ledicia e a vitalidade das nosas xentes, únense nas diversas festas! 

 

CALENDARIO FESTIVO 

¡ESTADES CONVIDADOS!

BENVIDOS A MASIDE

  • Xaneiro: Romería de San Paio (25 e 26 de xaneiro, variable) 
  • Febreiro: O Entroido

En Maside existen manifestacións festivas dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos, como é o caso do Entroido.

Nesta rexión, o Entroido tivo desde sempre gran relevancia, manifestándose especialmente a través dos Felos de Garabás, que percorrían toda a Comarca anunciando o Entroido e invitando á xente dos pobos que visitaban, a vir á festa de Entroido do seu propio pobo.

 Descarga aquí cómo era o tradicional Entroido en Maside e a figura do Felo orixinal
 
Desde aproximadamente o ano 1987, coa crecente afección ecuestre no Concello así como na comarca do Carballiño, e coincidindo coa organización da primeira festa do Cabalo, a Asociación “Amigos do Cabalo do Puzo do Lago” tomou a responsabilidade de recuperar a emblemática figura dos “Felos” de Garabás intentando ser o máis fiel á tradición. Na actualidade, percorren varios pobos da comarca carballiñesa nos días de Entroido.
 
 
Por outro lado, no Concello contamos coas comparsas máis coñecidas nos desfiles de Entroido da provincia de Ourense:
-        Os arrieiriños de Dacón, con máis de 22 anos de continuidade.
-      Os Azucarados de Maside.
 

          

Na actualidade, o Entroido de Maside, celebrado o luns de dita festividade, é unha cita obrigada dentro do panorama cultural e turístico da comarca do Carballiño, destacando non só pola súa autenticidade e ledicia senón tamén pola hospitalidade das súas xentes que sorprende ó visitante.  

  • Maio: Festas da Santa Rita
- Santa Rita en Dacón: 21, 22 e 23 de maio
 
 
 
                                             
 
 
              
 
         
- Santa Rita en Armeses: domingo seguinte ás festas da Santa Rita en Dacón
 
- Corpus
 
 
              
  • Xuño: Diversas festas parroquiais
-         San Antonio no Outeiro Grande: 13 de xuño
-         San Pedro de Garabás: derradeiro domingo de xuño
 
  • Xullo:
-         O Carme en Piñeiro: 17 de xullo
-    San Pantaleón de Garabás: 27 e 28 de xullo
-         Festa do Chuletón en Garabás: 25 de xullo
 
  • Agosto:
-        Bon Xesús en Santa Comba: 6 e 7 de agosto
-   San Lorenzo en O Lago: 10 e 11 de agosto
-   Festa do Cabalo: Domingo anterior ás festas do San Vitorio
-   San Bartolomé en Louredo: 24 e 25 de agosto
-   San Vitorio en Maside: 27 e 28 de agosto
-   Carreira popular de Maside.
 
  • Setembro:
- San Roque en Dacón
 
  • Novembro:
- San Martiño do Lago
- Magostos nas distintas parroquias do Concello (O Lago, Santa Comba, Dacón, etc.)
- Fin de semana Micolóxica
 
  • Decembro:
- Belén Vivente en Dacón
- Festa da Xuventude en Dacón
 

Para máis información: turismo@concellodemaside.es

 

¡COMPARTE AS TÚAS FOTOS! 

Se dispós de imaxes interesantes destas festividades celebradas no concello de Maside e queres publicalas nesta web, ¡ponte en contacto connosco!

turismo@concellodemaside.es