Os seus promotores.

 
Don Juan Bernardo Fernández foi algo máis ca o mellor alcalde de Maside no século XIX. Fora antes xuíz municipal, logo empresario, banqueiro e comerciante, oficio e negocio herdado dos seus avós maternos Don Antonio e Dona Manuela Fernández-Montenegro Bravo. Os seus irmáns, Valentín do comercio no Carballiño, figuraba no ano 1843 como alcalde constitucional da vila, e Ramón con boticas en Ribadavia e no Carballiño, de oficio coma o seu pai Pedro Xosé nacido no Barreiro de Amarante. Tivo botica en Dacón e logo no Carballiño, bulidor partícipe na Guerra da Independencia foi de emisario a Portugal na busca de armas e municións. E como coñecedor da fronteira por Desteríz-Padrenda, onde era natural Don Manuel, seu pai, Pedro Xosé elexiu o paso do río Barxas para entrar no país irmán. Logo de manter entrevistas co Marqués da Romana, conquistou apoios para os guerrilleiros da Xurisdicción de Maside comandados por Xosé González @ ‘Labrador’, e tamén que ‘Cachamuiña’ e os seus organizaran a defensa das terras de Maside, do Orcellón e as do Ribeiro desde o Castro Cavadoso.
Don Juan Bernardo Fernández, mailo escribán Xosé Benito Covelo, tiveron decisiva participación na construcción da Casa do Concello de Maside. Don Juan Bernardo que estivo en tódalas xestións da comisión veciñal que ‘ampara e apoia’ ó concello masidao para ‘facerse’ co Reloxo da Abadía de Oseira, emparentou coa fa-milia Montenegro, ‘habida y tenida por noble’, así fixo constar o daquelas crego de San Tomé de Maside, o burgalés Don Diego Montoya Ramírez de Austria. Era veciño da masidá Esgueva, por canto Cándida, unha das súas fillas do matrimonio con Ignacia Fdz.-Montenegro Fdz.-Bello, casou co catedrático masidao, seu curmán, Don Valentín Portababales Blanco. Bisnetos dos irmáns Tomás-Phelipe e Juana Fernández Montenegro.
Don Juan Bernardo tiña intereses en varias compañias, unha delas na promotora da estrada Barbantiño-Pontevedra, xunto con Don Xosé García e con Don Andrés González, os dous primeiros veciños do Couto da Esgueva, desaparecido e moi poboado lugar que hoxe se encadraría na freguesía de Santo Tomé de Maside, que daquelas pertencía á de Stª María de Amarante. Don Xosé García era o pai do tantas veces referido Dn. Francisco Xavier García, médico el alcalde de Maside. E Don Andrés González, pai de Don Wenceslao, que aínda sendo da veciñanza de Maside vila, tiña bens de seu no xa citado couto. Foron os tres de tradición comercial e arrieira, partícipes en diversidade de negocios amén do comercio, e foron dos que se fixéron con bens desamortizados.
Por todo iso e por moitas outras cousas, tanto a Don Pedro Xosé, o seu fillo Don Juan Bernardo, e Don Andrés González, cuñados, pola súa disposición e xestións, coma ó seu fillo Don Wenceslao e maila dona e fillos, doadores a Maside de tódolos bens que tiñan nestas terras, Maside débelles o que foi, e o que lle agarda ser. Non só a eles, tamén, en menor medida a outras familias: ós das Condomas -De La Peña, Márquez, Novoa, Salgado, Álvarez, Ulloa, Guitián; Montenegro, Portabales, Bello, Blanco, Justo, Valeiras, Nogueira, Ramos, Sieiro, Unzueta, Peña, Alonso, Ribera, Cabaleiro, Valeiras, Bernárdez, Lois, Bermello, Saa, Heredia, Covelo, Campo, Rodríguez-Estévez, Rodríguez-Taboada, García-Sánchez, Araujo-Rodríguez, Rodríguez-Prado, González-Fernández, García-Vázquez, Rodríguez Soto, Fernández-Fernández, García-Gutiérrez, Fernández-Xesta, Rodríguez-Armida, etc. A todos debélle o Concello a proxección cara o futuro. O Concello dos s. XVII ó XX, é sen dúbidas algo a imitar para o rexurdir de un novo Maside, tamén seguro de si: intelectual, industrial e comercial.
 
 
O Reloxo de Maside e as súas campás: 
(Ano 1972). Estado no que se atopaba o vello Reloxo antes das obras emprendidas polo Concello de Maside. No mesmo lugar pero agora en sala de cinco estrelas.

 

O Reloxo, as súas pegadas na documentación e na bibliografía.

 

O Reloxo da Casa do Concello de Maside é o máis antigo de Galicia.
 
Este reloxo, o máis antigo dos construídos en Galicia, foi feito para Oseira no 1732 por Baltasar Barreiro de Andrade, sendo abade do Mosteiro Frei Esteban Balmaseda. Mercado por Maside ó secretario da Xurisdicción de Oseira por 8.250 reas, máis ou menos a décima parte do custo da Casa do Concello maila súa torre, e 261 anos de antigüidade, e 150 desde que as autoridades de Maside o mercaron, repito, non roubado. Na mesma operación se adquiriu a Xurisdicción de Oseira unha campá. Co tempo se fixeron de novo as dúas que hoxe soan do xeito que vostedes escoitaron. A lenda gravada na parte superior do bastidor da maquinaria, que vostedes poden ler, e que non acertaron a copiala o pe de letras e signos. Completa di (sic):
Baltasar Barreiro de Andrade SIENDO ABAD ENESTE MONASTº DE Nª SѪ Sª MARIA DE OSSERA EL RMº PE Mº GENRL FR ESTEBAN BALMASEDA AÑO DE 1732.
Este reloj perteneció al monasterio cisterciense de Oseira, hasta la desamortización, y fue trasladado al Ayuntamiento de Maside para ser instalado en la Casa Consistorial en una hermosa torre.A pesar de sus 241 años de existencia –publicación datada no ano 1972- sigue funcionando en perfectas condiciones como si fuese recién hecho, y últimamente fue ajustado, construyéndosele un nuevo piñón de escape [obra de Xosé María Cabaleiro.
Seguen as pegadas bibliográficas. Tomamos as subliñables:
‘... Situada al principio de una cañada que forma un pequeño valle bastante ameno, ventilado y sano. Tiene unas 120 casas de mediana altura y fábrica regular, diseminadas en varias aldeas, pero la mayor parte y las mejores están en el casco de la villa, en la que hay una plaza, aunque de forma irregular, y también está la Casa Consitorial, de arquitectura moderna, con su torre y reloj, una fuente de dos caños con buena agua potable para el vecindario, y además una escuela de primeras letras...’
NICOLÁS TABOADA LEAL: ‘Hidrología Médica de Galicia’.(Madrid, 1877). P. 270.
‘Casa Ayuntamiento, de sillería moldurada de aire decimonónico. Tiene torre que no es elemento característico de casas consistoriales en esta zona; y en su base [¿] está el reloj traido de Osera, donde era famoso, y aquí no funcionó casi nunca’. 
         (ALFREDO CID RUMBAO, Alfredo. ‘La Región’:’Rutas de Maside y de Carballiño’. (6-4-             1982).
 
‘... En cuanto a las obras de más valor, se sabe que el reloj, construido en 1732, fué conducido a Maside, [acércase á versión que en Maside case aseguraban, e agora documentalmente amparada], y colocado en la Casa Consistorial, donde sigue funcionando. A Orense se trasladaron las fuentes monumentales que habían adornado los patios y hoy son orgullo de la capital de provincia’.
(FRAY Mª YÁÑEZ NEIRA Fray Mª Damián, e colaboradores:’El Monasterio de Oseira’).
 
O Madoz, [1848-1850], afirma que a capital do axuntamento é a vila de Maside, con casa municipal de arquitectura moderna, coa súa torre e reloxio (...). A casa do concello de Maside, consta de dúas fachadas, diferentes na súa concepción, pero igual de belas. Unha delas, a que da á praza, ten dous pisos o principal cun amplo balcón, e no extremo esquerdo, érguese unha bela torre de planta cadrada de varios corpos. (Erro, é rectángular pero non exactamente cadrada).
No primeiro deles está colocado o reloxio provinte do mosteiro de Oseira, datado no 1732, e, nos outros corpos ábrense vans de arco de medio punto, e na parte máis alta da torre -a vintenove metros- colócanse as campás concellís.
A outra fachada consta asemade de dúas plantas, con balcóns de ferro na nobre, e un corpo de remate no que se coloca un elemento que non falla na maioría dos consistorios: o escudo. O de Maside é, pois, un característico e bo exemplo das casas consistoriais construidas en Galicia no século XVIII’.
(JOSÉ FARIÑA JAMARDO, José. ‘Os Concellos de Galicia’).
 
Non é finxido e si moi sentido o afecto que as xentes de Maside lle teñen ó seu Reloxo, e xa desde o primeiro día que se mercou a xoia reloxeira, alentando o pobo ó unísono con ela, á que lle amosaron tódalas corporacións municipais de Maside interese e preocupación extremos, así xa desde os primeiros tempos lle foron aplicando as partidas de investimentos que lle cumpriran, acomodándolle expertos para o seu mantemento, amén de tódolos arranxos que lle cumpriran para telo ó día. E que para gabarse de ter tan valiosa alfaia, tiña que marchar coma un ‘reloxo’. 
Antes e logo da desamortización o Reloxo foi teimosamente desexado, e na contemporaneidade é a estrela de reportaxes dos medios: televisión e prensa significadamente. Por iso, e na honra de quen tivo agarimosa preocupación pola vella maquinaría, botamos man de resumos dalgunhas das citas periodísticas, case sempre desde Maside onde partiron e parten acotío inquedanzas e ata controversias pola vella maquinaria.

 

Autor: Xosé Ricardo Rguez. Pérez